Roberto Mera presenta en Noia o vindeiro sábado o seu libro sobre “o Schindler galego”

27 Maio 2025

A Casa da Cultura Avilés de Taramancos (Noia) vai dar acollida esta semana (o sábado 31 de maio ás 11.30 horas) á presentación do libro Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos, escrito por Roberto Mera Covas e publicado polo selo editorial Belagua.

Contarase coa presenza do autor acompañado do alcalde Santiago Freire, e o catedrático de Xeografía e Historia Raúl Soutelo Vázquez.

Sinopse

Na Europa ocupada polos nazis miles de exiliados republicanos españois devecían por chegar a América para salvar as súas vidas. Entre eles atopábase Alejandro Viana Esperón (Ponteareas, 1877 - México DF, 1952), deputado republicano de esquerdas ao que ben se podería alcumar como o Schindler galego.

Á fronte de varias organizacións humanitarias, entre elas o Ser­vicio de Evacuación de Refugiados Españoles,  Alejandro Via­na organizou dende Francia a saída de miles de refuxiados nunha trintena de expedicións marítimas colectivas a distintos países de América, na súa maioría a México.

Cos alemáns en Francia, Viana arriscou a súa vida para continuar axudando os exiliados até que, acosado pola Falanxe e a Gestapo, emprendeu en 1941 unha desesperada fuxida. Logo de once meses de anguriante viaxe por África, logrou chegar a México. Alí reencontrouse tempo despois coa súa dona, tras once anos de separación, e viviu coa certeza de que xamais podería retornar á súa terra.

Sobre o autor

Roberto Mera Covas (Ponteareas, 1971), é licenciado en Dereito e Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santia­go de Compostela. É avogado e politicólogo.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.