Domingo 25, nubes e claros e lixeira baixa da temperatura

24 Maio 2025

Este domingo, unha fronte moi desfeita afectará principalmente ao noroeste de Galicia, onde se agarda un aumento da nubosidade. Na comarca os ceos permanecerán máis abertos, favorecendo unha xornada máis estable.

En canto ás temperaturas, as mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas tenderán a descender lixeiramente, mantendo un ambiente fresco. Os ventos soprarán de compoñente norte, en xeral frouxos, aínda que con intensidade moderada no litoral atlántico.

meteogalicia

O noso mar; Vento do norte á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 2 a 3 á mañá, 3 a 4 á tarde e 3 a 5 á noite. Mar ovellado á mañá, marusía á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá, 1 a 2 metros á tarde e 1.5 a 2.5 metros á noite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fallos de bondade”. José A. López Silva

“Fallos de bondade”. José A. López Silva

En maio de 2013, a Universidade de Syracuse, no estado de Nova York, encargoulle pronunciar o discurso para os seus graduados a un dos profesores do claustro, o escritor George Saunders, que catro anos despois gañaría o Booker británico con Lincoln en el Bardo, unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.