A rúa do Sal atéigase para exaltar o chopo de Ribeira

24 Maio 2025

Este sábado 24 de maio celebrouse na rúa do Sal, en Santa Uxía, a primeira edición do Chopo Saleiro, unha nova cita gastronómica que nace co obxectivo de poñer en valor un dos produtos máis emblemáticos da nosa costa: o chopo.

No evento estiveron o alcalde Luís Pérez, a concelleira de Cultura Antía Alberte, o edil de Mar Fernando Abraldes a tesoureira da asociación rúa do Sal Lucía Lampón, David Fernández, María Berenguer, Raquel Sanlés, Lupe Bande e María Pego.

Este evento, organizado pola asociación de hostalería Rúa do Sal e coa colaboración do Concello de Ribeira, pretende ser unha celebración da nosa tradición mariñeira e culinaria.

“Hoxe, veciños, veciñas e visitantes teredes a oportunidade de degustar o chopo en tres deliciosas preparacións: arroz negro con chopo, empanada de chopo e chopo guisado. Ademais, cada local ofrecerá unha tapa de cortesía de balde, como mostra da súa hospitalidade” explicou o rexedor.

A proposta Chopo Saleiro é tamén unha iniciativa solidaria, xa que parte dos beneficios recadados destinaranse ás asociacións de protección animal Callejeros Barbanza e Safe an Angel, e o excedente de alimentos será doado á Residencia do Maior de Ribeira.

“Quero agradecer especialmente á Lonxa de Ribeira, á Confraría de Pescadores de San Pedro, a Peixes e Mariscos Bomar e a todos os establecementos da rúa do Sal pola súa implicación neste proxecto. Tamén destacar a participación do grupo de gaitas e pandeireteiras, que amenizou esta

xornada festiva coa súa música tradicional” detallou Pérez Barral.

O Chopo Saleiro enmárcase dentro do programa do Maio Cultural 2025, que enche o concello de actividades culturais e lúdicas ao longo deste mes. “Eventos como este contribúen a dinamizar a nosa economía local, a promover os nosos produtos e a dinamizar os negocios. Desexo que gocedes desta xornada, que saboreedes as delicias que nos ofrece o mar e que compartades momentos de alegría. Este é principio dunha tradición que se consolidará nos vindeiros anos”, rematou o alcalde.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.