A Pobra impulsa o Mercado Municipal como “motor” para o emprendemento cunha xornada de portas abertas

23 Maio 2025

A área de Promoción Económica continúa promovendo o papel do Mercado Municipal como un “motor” para o emprendemento.

Para reforzar esta premisa, o Concello organizará, co apoio do Coworking da Pobra, unha xornada de portas abertas á instalación como parte da campaña Quere ao teu mercado da Dirección Xeral de Comercio. A concelleira de Promoción Económica, Amparo Cerecedo, a responsábel da asistencia do Coworking, Fátima Rodríguez, e a técnica municipal da área, Sara Sánchez, presentaron na mañá deste 23 e maio a iniciativa, que será o 31 de maio, a partir das 12.00 horas. Tal e como explicou a edil, o obxectivo desta proposta é “continuar estimulando a actividade no Mercado, dando a coñecer as vantaxes das que se poden beneficiar os negocios que se instalen neste espazo”.

Actualmente, o Mercado da Pobra conta, unicamente, con catro postos dispoñíbeis dos 23 que conforman o espazo. A xornada informativa prevista para o 31 de maio servirá, precisamente, para facer un percorrido por estes stands que están preparados xa para acoller novos negocios, así como para informar da carta de servizos de apoio e asesoramento do Coworking.

Beneficios para os negocios

Durante a súa intervención, a concelleira de Promoción Económica apuntou algunhas das “vantaxes” de establecerse na praza de abastos. Entre elas, destacou a localización, en pleno núcleo urbano, o custo accesíbel de alugar un dos postos e que non require de grandes investimentos iniciais ou mesmo a bonificación ao 100% da subministración de auga. Así mesmo, tal e como apuntou Cerecedo, “o Mercado Municipal é un espazo con tradición e conta cunha comunidade establecida cunha traxectoria dilatada e cunha clientela fiel”.  

Servizos do Coworking

A todos os beneficios do Mercado da Pobra hai que sumar, ademais, a carta de servizos do Coworking. Así, na instalación proporciónase ás empresas asesoramento inicial cunha avaliación da idea de negocio, unha análise de  viabilidade do proxecto e a mentorización continuada ao longo de todo o proceso. O Coworking preséntase, así mesmo, como unha oportunidade para crear unha rede de contactos con outras persoas emprendedoras.

A proposta do 31 de maio está aberta á participación das persoas usuarias do Coworking, de calquera emprendedor ou emprendedora da Pobra como doutros concellos da comarca e de profesionais independentes como artesáns, produtores ou comerciantes interesados en expandir o seu negocio. Ese mesmo día, entre as 9.30 e as 13.30 horas, repartirase distinto material promocional de Quere o teu mercado ao público que se achegue á dependencia.  

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...