A Policía Nacional detivo en Ribeira a un individuo como presunto autor de seis delitos de roubo con forza e un de estafa

23 Maio 2025

Axentes adscritos á Comisaría da Policía Nacional de Ribeira procederon á detención dun home como presunto autor de seis delitos de roubo con forza.

Cinco destes roubos foron cometidos no interior de senllos vehículos aos que, tras fracturar os portelos, accedía ao seu interior e subtraía diversos efectos. O mesmo autor tamén accedeu ao interior dun garaxe comunitario, forzando un rocho do que subtraeu diversos efectos. Ademais, cometeu numerosos furtos en interior de vehículos, accedendo aos mesmos sen que houbese forzamento.

Por outra banda, tamén se lle imputa un delito de estafa. O ladrón, tras furtar un teléfono móbil e acceder á aplicación bancaria da vítima, logrou transferir máis de 6000 euros á súa conta. Neste delito tivo participación unha muller, parella sentimental do home, quen tamén foi detida.

Unha exhaustiva investigación foi a que logrou o total esclarecemento dos feitos, identificando os autores e procedendo á súa detención.

Tras tramitarse as correspondentes dilixencias policiais, os detidos foron postos ao dispor do Xulgado de Instrución número Un de Ribeira, en funcións de garda, quen decretou o ingreso en prisión provisional do home.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...