A ABE participa nunha campaña-sorteo para axudar á recuperación do comercio de proximidade

01 Abril 2020

A Asociación Galega de Xerentes de Centros Comerciais Abertos (CCAS), da que forma parte a Asociación Boirense de Empresarios (ABE), vai pór en marcha, dende o vindeiro 12 de abril, unha campaña de promoción destinada a facer fronte común arredor do comercio local e, tamén, preparar o terreo da recuperación económica para cando a situación do Estado de Alarma se desactive.

A campaña chámase A morriña non ten brazos pero aperta o corazón, e ten, en palabras da dita asociación, os seguintes obxectivos: dar a coñecer esta nova asociación formada polos xerentes dos CCAS; lembrar á cidadanía que o comercio local estará e seguirá estando ao seu carón, “nestes intres tan duros”; e, tamén, premiar a fidelidade dos clientes do comercio de proximidade, transmitindo unha imaxe de unidade.

Para participar nesta campaña só é preciso acceder á conta de Facebook da Asociación e buscar o post do concurso, compartindo logo a entrada de maneira pública, facendo un comentario indicando o que botamos de menos do comercio local cun texto, debuxo, foto ou vídeo e indicar a poboación onde nos gustaría facer unha compra no caso de gañar un dos vales de compra. Respecto destes últimos, serán 27 vales de compra por valor de 50 euros, un por cada Centro Comercial Aberto que participe na campaña, e que se poderán gastar nos establecementos asociados.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.