Un incendio deixou unha persoa afectada por inhalación de fume e calcinou o salón dunha vivenda en Muros

21 Maio 2025

Ao fío das 19 horas do martes, un particular informou ao 112 Galicia de que vía saír lume dun piso da rúa Porteliña, en Muros. Pouco despois, outros alertadores contactaron para comunicar os mesmos feitos ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias.

Así, ata o lugar desprazáronse os Bombeiros de Cee, o GES e a Policía Local de Muros. Os membros do GES controlaron rapidamente apagaron rapidamente o incendio e procederon coas tarefas de refrixeración e ventilación.

O lume queimou por completo o salón, e unha persoa foi polos seus propios medios ao centro de saúde da localidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.