Somos Refuxio organiza unha vixilia de 24 horas en Ribeira contra o xenocidio en Palestina

21 Maio 2025
A vixilia servirá para mostrar o rexeitamento do Barbanza contra o xenocidio perpetrado en Gaza (imaxe de RTVE)

Este sábado 24 de maio, o colectivo Somos Refuxio do Barbanza convoca unha vixilia solidaria de 24 horas en apoio ao pobo palestino e
en denuncia do xenocidio que este sofre baixo a ocupación israelí. O acto será na praza do Porta do Sol (a praza da Igrexa en Santa Uxía), dende as 16:00 do día 24 ata as 16:00 do día 25, con música, poesía e micro aberto para quen queira sumar a súa voz.

Contexto: Unha crise humanitaria esquecida

Dende Somos Refuxio do Barbanza lembran que “desde hai máis dun ano, Palestina enfróntase a unha escalada de violencia sistemática
que organismos internacionais cualifican como xenocidio”. O recente bloqueo israelí á axuda humanitaria (alimentos, medicinas e combustíbel) agravou a situación ata niveis dramáticos, sinalan, engadindo que “non podemos normalizar o horror, esta vixilia é un xeito de dicir que O Barbanza non esquece”.

Somos Refuxio é un colectivo nacido en 2016 para apoiar as vítimas da guerra en Siria, e que desde hai máis dun ano volve mobilizarse por Palestina.

Programa cultural e reivindicativo

A vixilia contará con:
· Actuacións musicais de Bailadela; Barahúnda; Beíña; Boroa; Chamaquito Pistolas; Juan Sieira, Rubén Cores, Olga e Harpo Antonio; Latexo Percusión; Lau Panicanela; Os Barbansónicos; Suso Bello e Tonhito de Poi, entre outros.

· Micro aberto para testemuños, poesía e intervencións espontáneas.

· Espazo informativo sobre a crise humanitaria que padece o pobo palestino.

A organización informa que aínda que haberá persoas alí desde as 16:00 do día 24 ata as 16:00 do día 25, as actividades realizaranse entre as 18:00 e as 24:00 do día 24, e entre as 12:30 e as 14:00 do día 25.

Somos Refuxio agradece a colaboración das artistas, persoas voluntarias e do Concello de Ribeira, que “facilitou os medios técnicos básicos para garantir a sonorización do acto”.

Convite á cidadanía

Engaden que “convidamos toda a veciñanza a participar, mesmo durante uns minutos, para demostrar que a solidariedade non ten horario”.

A entrada é libre e anímase as persoas asistentes a traeren candeas, cartaces ou mensaxes de apoio.

Data: 24-25 de maio (16:00 a 16:00).

Lugar: Porta do Sol (Ribeira).

Contacto: somosrefuxio@gmail.com/ 695484643/ 635051585.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.