A Orquestra Sons presentará “Dende as Raíces” no primeiro aniversario do Auditorio Municipal

20 Maio 2025

· Na escea máis de 30 músicos e colaboracións especiais dende outras cidades do Estado

Hoxe tivo lugar a presentación desta coñecida orquestra dirixida por Xandre Millet. Á presentación acudiron o tenente de alcalde, Vicente Mariño, a concelleira de Cultura, Antía Alberte o propio Xandre Millet xunto con membros da directiva.


A concelleira falou da celebración deste primeiro aniversario da inauguración do auditorio, na que repasou os diversos eventos e actuacións que se desenrolaron ao longo do ano “foi un ano completo de programacións en tódolos eidos, tanto tamén en entidades locais, asociacións culturais, produtoras locais e o propio concello que en ocasións traballou de forma colaborativa”, Alberte anunciou que para celebrar este primeiro aniversario “pensamos en facer un concerto importante dunha entidade local, moi profesional como é a Orquestra Sons”, Antía para finalizar anunciou que “o día 6 de xullo actuará a Orquestra Sons no auditorio ás 8 da tarde e as entradas poranse a venda o vindeiro venres 23 de maio a partir das 9:00 h tanto en ataquilla coma no concello”.
Xandre Millet sinalou que “unha vez máis, a nosa orquestra volve marcar tendencia no panorama da música de plectro, tanto polo coidado
repertorio escollido como pola orixinal mestura instrumental.Presentamos con moito orgullo o concerto –Dende as Raíces–, un proxecto que afonda
na identidade galega a través da música, e que aposta pola innovación sen perder a esencia”. O concerto dividirase en dúas partes anunciou
Millet.

Primeira Parte: Galicia como punto de partida Nesta sección se fará unha viaxe musical polas cancións máis fermosas do noso folclore, rendendo homenaxe a figuras e grupos fundamentais da nosa historia musical.
Entre eles destacan Andrés do Barro e Os Tamara, “verdadeiros pioneiros que souberon achegar a música galega a novas xeracións e escenarios, sen renunciar nunca á súa identidade. A súa influencia e legado resoarán con forza nesta primeira parte”.
Segunda Parte: 10 anos de dirección, 10 anos de creación Se celebrará unha década do director ao fronte da orquestra, interpretando dúas das súas obras máis emblemáticas:

  • “O que o tempo non puido borrar”
  • “Memorias dunha illa: Sálvora”
    Ademais, nesta ocasión tan especial, se estrearán dúas novas obras inéditas que afondan aínda máis na raíz galega:
  • “Marmurios das ondas”: Unha composición de 20 minutos de duración que retrata catro estados do mar —calmeiro, roleiro, maraxe e
    maruxía— e que rende homenaxe ás xentes do mar.
  • “Antergos de antano”: Unha evocación sonora da Galicia celta, cargada de simbolismo e tradición. Nesta peza se contará coas
    colaboracións especiais da soprano Genma Román e do frautista Iago que enriquecerán a experiencia con matices únicos.
    Todas as obras do director beben dos ritmos e modos da música tradicional galega, fundíndoos con harmonías contemporáneas que
    ofrecen unha sonoridade nova pero profundamente enraizada.
    Millet rematou “con todo isto, non podía levar outro nome: Dende as Raíces. Un concerto para sentir, lembrar e celebrar quen somos a través
    da música.

Para rematar o acto Mariño se congratulou “de que unha orquestra de Aguiño celebre o aniversario do Auditorio Municipal” e tamén animou á
veciñanza para ”que se achegue a celebrar este concerto tan especial e emotivo”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.