A Pobra promoverá a conciliación das familias co lanzamento dunha nova edición do programa Móvete

20 Maio 2025

O Concello da Pobra do Caramiñal volverá promover a conciliación das familias durante o período estival co lanzamento dunha nova edición do Obradoiro de Conciliación do Verán, Móvete!. A concelleira de Igualdade, Estefanía Ramos, presentou a próxima convocatoria desta actividade, que está encadrada no programa municipal A Pobra Corresponsable, co-financiado polo Plan Corresponsables do Ministerio de Igualdad. Tal e como explicou a edil, a iniciativa busca cumprir un dobre obxectivo: “A conciliación da vida laboral e familiar nos períodos non lectivos segue a meta principal, pero Móvete! é tamén unha alternativa lúdica e de aprendizaxe para a rapazada”.

O programa, dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos (nados entre 2013 e 2021), levarase a cabo no CEP Salustiano Rey Eiras entre o 23 de xuño e o 5 de setembro (ambos incluídos), agás nas fins de semana e festivos.

Establécense catro períodos: o primeiro abranguerá do 23 ao 30 de xuño, o segundo será do 1 ao 31 de xullo, o terceiro do 1 ao 31 de agosto e, por último, o cuarto do 1 ao 5 de setembro. En canto ao horario de atención, este será de 9.00 a 14.00 horas, ofrecéndose servizo de madruga e comedor para as familias que así o pidan. En total, ofreceranse 150 prazas das que, 60 estarán destinadas ao alumnado de infantil e 90 ao de primaria.

O prazo de solicitude estará dispoñible ata o venres, 30 de maio, podendo realizarse tanto a través da sede electrónica como no rexistro do Concello (de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas).

Ademais da ficha de inscrición, as persoas interesadas deberán presentar copias do documento de identidade da nai, pai ou titor/a do neno, da tarxeta sanitaria do menor e a documentación complementaria (esta pódese consultar nas bases da convocatoria, publicadas na páxina web municipal, apobra.gal). As persoas que precisen máis datos poderán chamar ao 981 832 764 (extensións 5 ou 6) ou enviar un correo a igualdade@apobra.gal. 

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.