Un home resulta ferido tras estoupárlle unha batería na cara nun barco en Vilagarcía

19 Maio 2025

Un home resultou ferido na tarde deste luns tras estourar unha batería na súa faciana mentres se atopaba no interior dun barco atracado no porto de Vilagarcía de Arousa.

O suceso tivo lugar pouco despois das dúas da tarde, cando o propio afectado chamou ao 112 Galicia para solicitar axuda. Segundo explicou, estaba só a bordo e non podía valorar o alcance das lesións, xa que non tiña un espello para observarse.

Inmediatamente, o 112 mobilizou persoal da Autoridade Portuaria, que se desprazou ata o lugar para prestarlle asistencia inicial. Tamén foron alertados os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilagarcía, o Servizo Municipal de Emerxencias e a Policía Local.

A pesar de que se chegou a mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Santiago, finalmente o ferido foi evacuado en ambulancia ao Hospital do Salnés. Segundo informaron as autoridades, o home estaba liberado e accesible, polo que non foi necesaria a intervención dos bombeiros.

Os efectivos locais de emerxencias encargáronse da limpeza e retirada dos restos causados pola explosión. Ata o momento, descoñécese a gravidade das lesións sufridas polo afectado.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.