“Un borrador, non un informe, e 21 vidas perdidas en Terranova”. Antón Luaces

19 Maio 2025

Xa non é cuestión exclusiva dos armadores, do patrón do Villa de Pitanxo nin do administrador de Pesquerìas Nores. Tampouco, aínda que eles estean ahí, dos avogados que representan aos citados. Trátase de deixar claro, tentan dicir por esta banda, que entre un informe e un borrador de informe hai un treito a percorrer, que os medios de comunicación apenas se comezamos a andar. E que nesa andaina poden cometerse erros como os no seu día detectados nos informes -lembran os avogados dos armadores, do patrón e dos administradores do arrastreiro afundido- en casos de afundimentos e mortes de mariñeiros como aconteceu nos do Siempre Casina ou o Ría de Marín, entre o utros. Informes, obviamente, nos que dunha ou doutra maneira, está o CIAIM (Comisión Permanente de Investigación de Accidentes e Incidentes Mariños) que, coma calquera, tamén se trabuca, lembran asimesmo os avogados.

Avogados que rexeitan “a difusión” do que denominan “informe provisorio” emitido pola CIAIM e “un borrador non definitivo” remitido con carácter “absolutamente confidencial” polas partes interesadas “que aínda non recibiron o total de alegacións”.

Semella claro que hai partes interesadas en ambas as bandas do proceso. E que para que un borrador sexa definitivamente un informe algo lle falta ata complementar o existente. Substancial?. Depende. 

Confidencial?. Depende tamén: totalizar as alegacións, o contido global do borrador, as datas, responsabilidades, uso correcto ou non dos medios de salvamento e rescate, utilización indebida deses medios,  documentos confidenciais… Porque o Villa de Pitanxo, afirman, foi inspeccionado por membros de distintas aseguradoras e organismos durante case un mes antes de zarpar para Terranova cando no informe preliminar da CIAIM (que hai quen entende é xa un estudo definitivo do acontecido) a escora determinante do afundimento do barco non foi senón un erro humano que propiciou a escora que, finalmente, afundiu o arrastreiro.  

 O vindeiro mes de xuño remata o período de tempo previsto para a presentación de alegacións. Os armadores descualifican o documento que, segundo a súa apreciación,  carece de base técnica.          

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.