A Casa da Cultura de Noia acolle a presentación do libro Galegas na Música de Isabel Blanco

16 Maio 2025

A Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos será o escenario a noite do venres 16, ás 20:30 horas, da presentación do libro Galegas na Música, unha obra que pon en valor o papel das mulleres galegas na historia musical do país.

O acto contará coa participación da autora, Isabel Blanco, da ilustradora María Lapido, da presidenta da Asociación Cultural Barbantia, María Xesús Blanco, da editora Edurne Baines e do alcalde de Noia, Santiago Freire Abeijón. A presentación incluirá tamén unha actuación musical a cargo da soprano e violonchelista noiesa Esperanza Mara, que ofrecerá un repertorio vinculado á temática do libro.

Publicado por Belagua, Galegas na Música combina texto e ilustracións para recuperar as traxectorias esquecidas ou pouco coñecidas de mulleres que deixaron pegada no ámbito musical galego, dende a tradición popular ata os escenarios contemporáneos. A obra forma parte das actividades organizadas pola Asociación Cultural Barbantia en colaboración co Concello de Noia, arredor da celebración do Día das Letras Galegas 2025.

O evento servirá tamén como antesala da XIV Romaría das Letras no Barbanza, que terá lugar ao día seguinte no Pazo de Goiáns (Boiro), e que reunirá múltiples actividades arredor da cultura e a lingua galega.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.