Xa na rúa a edición impresa de ” O Barbanza” dedicado ás Letras Galegas

14 Maio 2025

Como cada mes un novo número de “O Barbanza” na súa edición impresa que chega ós seus SEIS ANOS, desde que nacera o 17 de maio de 2019.

A publicación xa en distribución en toda a comarca, trae unha ampla axenda das actividades sobre os actos das nosas Letras nos concellos da comarca.

Coma sempre o turismo, a cultura, a historia e a actualidade local completan este número de “O Barbanza” que como é habitual cunha tirada de 7.000 exemplares, está xa en distribución de balde en todolos concellos da comarca e que se pode conseguir en numerosos puntos ou ben descargalos en pdf desde o enlace: “O Barbanza” ou ben leelo nas distintas plataformas como pc, tablet e móbiles.

Invitarvos a seguirnos a diario en “www.obarbanza.gal“, onde continúan a aumentar os nosos letores que no último mes superaron a media de 4.200 usuarios únicos/día e que seguen a actualidade da comarca as 24 horas, con xornadas que superan os 5.500 usuarios/día.

Coma sempre xa sabedes que podedes mandarnos as vosas opinións, informacións, denuncias e convocatorias a redaccion@obarbanza.gal ou a través de whatsapp 608 240 160.

As nosas redes sociais acollen xa varios milleiros de seguidores e podedes darvos de alta a través de facebook e twitter.

O próximo número da nosa publicación impresa sairá a mediados de xuño. Grazas polo apoio e darnos a coñecer.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.