Abre as súas portas a II Feira de Emprego do Barbanza poñendo o foco na importancia da formación e nas posibilidades da IA

14 Maio 2025

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, abriu este mércores a II Feira de Emprego do Barbanza que promove o Concello de Boiro e que se celebra até este xoves 15 de maio no Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira co obxectivo de “facilitar a relación entre o tecido empresarial e as persoas demandantes de emprego”.

O alcalde puxo en valor o traballo que se realiza para a formación para o emprego: “Fixemos unha forte aposta polo emprego e tamén pola formación para o emprego, dándolle vida a este centro no que están a formarse entre 300 e 400 persoas cada ano en habilidades orientadas ás demandas dos sectores produtivos da comarca. Os froitos desa aposta estámolos a recoller agora pois, segundo os últimos datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística, Boiro é o terceiro concello de España que máis medra en emprego no ano 2024”.

E engadiu: “Temos que seguir traballando e seguir dando pasos para seguir liderando o emprego non só en Galicia senón tamén no conxunto do Estado e iso ímolo conseguir coa ampliación do polígono industrial para que se asenten novas industrias, a ofrecendo formación acorde ás saídas profesionais e perfís que precisan as empresas”.

Durante a mañá desenvolvéronse dous foros de debate sobre a Intelixencia artificial e a economía circular. O primeiro deles estivo moderado por Jorge Teixeira, enxeñeiro en Informática, e contou coa participación de Diego Vázquez, director executivo (CEO) de Newmind innovatio e NM-IOT SL; Juan José Manso Carballo, fundador de GFM-Ideas; Pablo García; CEO da Prana AI; e Pablo Fernández, secretario xeral de Emprego da Consellería de Emprego. Nesta primeira mesa conversouse sobre o impacto da IA no mercado de traballo e na sociedade, como pode a Intelixencia Artificial promover novos empregos, os usos que a IA pode ter no ámbito profesional e laboral e as oportunidades futuras que se abren gracias á súa aplicación.

O segundo foro da maña, Economía circular: unha aposta polo futuro do emprego, estivo moderado pola xerente da mancomunidade, Fátima Cachafeiro, e contou coas intervencións de José Manuel Fernández, subdirector da oficina económica de Galicia do IGAPE; José Peleteiro de Ecoplas; Elena Fontán de Orixe Salgada; e Josefa de León, de Viratec. Nesta mesa tratouse a reciclaxe e a reutilización de materias primas para manter un entorno sostíbel, os novos produtos e servizos vinculados coa economía circular que empregan as distintas empresas, así como a aparición de novos empregos e cales van ser os retos da economía circular.

A II Feira de Emprego do Barbanza continúa este xoves con obradoiros enfocados a persoas demandantes de emprego: Orientación profesional: accións formativas para persoas desempregadas e accións formativas de formación profesional que estará impartido por Recursos Galicia SL; Procura activa de emprego, impartido por Nortempo ETT; e Creando mañá: como converterte no propietario da túa empresa, impartido pola Asociación Boirense de Empresas (ABE).

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.