O Conservatorio Municipal de Ribeira abre a matrícula para as probas de acceso

13 Maio 2025

O Conservatorio Municipal de Ribeira abriu este martes 13 de maio a matrícula para as probas de acceso. Así o deron a coñecer a concelleira de Educación, Cruz Rivadulla, o director do Conservatorio, Álvaro López, e máis o profesor de saxofón e secretario do Conservatorio, José Fungueiriño.

A concelleira introduciu o acto de sinalando que “dende o Conservatorio Municipal estanse a facer mancheas de actividades tanto propias como de colaboración con outros conservatorios, convidando a profesores de sona internacional e facendo unha interesante programación”. A concelleira animou aos nenos e nenas na apertura das probas de acceso.

Concerto didáctico en familia: A grande orquestra animal

López presentou a actividade “que levaremos a cabo mañá ás 20,00 horas no novo Auditorio Municipal de Ribeira”, no cal o profesorado do Conservatorio representará un conto musical “con guión da nosa compañeira e mestra da especialidade de Pedagoxía, Alejandra Medín Doce”. O concerto ten como finalidade dar a coñecer os distintos instrumentos que se poden estudar no Conservatorio de Música Profesional de Ribeira Enrique Paisal e pasar “un ameno concerto en familia”.

A pesar de ser recomendada para a rapazada a partir de 6 anos, será aberta para todas as nenas e nenos sen limite de idade que veñan acompañados dos seus pais ou familiares.

A entrada é gratuíta ata completar aforo e o acceso ao Auditorio será a partir das 19:30 h da tarde ata as 20:00 h, intre no que dará comezo a actividade.

Probas de acceso

Álvaro López anunciou que xa é posíbel matricularse nas probas de acceso a 1º de grao elemental ou a 1º grao profesional na paxina web do Concello de Ribeira no apartado de Novas. O prazo remata o dia 23 de maio e o día 20 de maio as 20:30 h, haberá unha reunión informativa cos familiares no Conservatorio para aclarar tódalas dúbidas que poidan existir relacionadas coas probas de acceso.

Último Encontro da Aula Galega de Saxofón

A vindeira fin de semana celebrarase o último dos encontros da Aula Galega de Saxofón. Será o sábado 17 e domingo 18 de maio. Ademais das clases maxistrais, haberá audicións do alumnado nas que tamén participará o profesorado que neste caso é habitual, o santiagués Xabier Casal (profesor do Conservatorio Superior das Illas Baleares) e Takahiro Mita (profesor do Conservatorio de Música de Aragón). Este seminario cumpre este ano a súa XVII edición cunha ocupación total das prazas ofertadas.

Concerto de Yuri Durán

Fungueiriño informou que “o día 20 as 18:00 h da tarde tocará no salón de actos do Conservatorio o pianista e ex-alumno do conservatorio Yuri Durán Castro”.

Concerto co alumnado Mayeusis

O día 23 de maio desenvolverase o encontro co alumnado do Conservatorio Mayeusis de Pontevedra facendo o intercambio co alumnado do Conservatorio de Ribeira nun concerto compartido entre ambos conservatorios.

Frautísismamente

Para rematar o secretario informou que “a fin de semana pasada rematou o seminario Frautísismamente co mestre André Cebrián. Este seminario, que tivo 3 encontros durante o curso, foi un éxito de participación ocupando todas as prazas ofertadas. Finalizou con concertos do alumnado o venres 9 e sábado 10”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...