Ribeira, pioneira na creación da primeira Mesa Local da Infancia e Adolescencia

12 Maio 2025

Este 12 de maio presentouse en Ribeira unha iniciativa pioneira a nivel municipal en materia de protección da nenez e a mocidade: a Mesa Local da Infancia de Adolescencia. Participaron na presentación o rexedor Luís Pérez, a concelleira Tania Redondo, a coordinadora dos Servizos Sociais, Francisca Vidal e a educadora social e coordinadora do proxecto, Iria Alén.

Segundo explicaron, este novo instrumento profesional nace “co obxectivo de establecer accións de carácter interdisciplinario, integral e intersectorial, a nivel local, mellorando a calidade da atención e protección das persoas menores de idade no noso municipio”. Isto, apuntaron, “implica un cambio de perspectiva no xeito de ollar a realidade das nenas, nenos, e adolescentes, potenciando a súa participación nas decisión que lles afecten e facilitando a creación de contornos comunitarios protectores e respectuosos coa nenez”.

Lembraron que a Lei Integral de Protección á Infancia e á Adolescencia fronte a Violencia (LOPIVI), aprobada en xuño de 2021, introduciu numerosos cambios nas intervencións profesionais con este colectivo, dende un enfoque integral, preventivo e de dereitos que pon en valor a necesidade de traballar en rede. Así, dende a Mesa Local da Infancia e Adolescencia de Ribeira promoverase o “bo trato” a través dun conxunto de acordos e propostas para contribuír a mellorar a calidade de vida e o pleno exercicio dos dereitos das persoas “durante unha das etapas da vida onde somos máis vulnerábeis, a infancia e adolescencia”, sinalouse.

A Mesa estará formada por representantes dos seis ámbitos profesionais que recolle a LOPIVI: social; sanitario; educativo; ocio, cultura e deportes; xudicial; forzas e corpos de seguridade do Estado. Durante os meses de maio e xuño preténdese formar unha comisión de traballo para cada área. As persoas que formen parte destas comisións encargaranse de reunirse periodicamente para sistematizar o traballo en rede e analizar as necesidades de intervención de cada ámbito en torno a estes cinco eixos: prevención e sensibilización ante a violencia, detección e intervención en casos de violencia e desprotección infantil, formación e capacitación profesional e coordinación interprofesional.

Na presentación explicaron tamén que as comisións serán o instrumento fundamental de traballo para aplicar e difundir os cambios que introduce a LOPIVI, ofrecendo apoio e asesoramento ao colectivo profesional que intervén coa infancia. Ademais encargaranse de recadar información sobre as demandas da comunidade para trasladalas á Corporación local, a través dos acordos que se acaden nas asembleas periódicas da Mesa Local de Infancia e Adolescencia, de cara a promover novos proxectos e iniciativas comunitarias.

O alcalde, Luís Pérez Barral, salientou que “Ribeira vai ser un concello pioneiro en todo o país en crear unha mesa de traballo colectiva na que van participar profesionais de diferentes ámbitos na que imos tomar decisións que teñen que ver coa mellora do trato que lle podemos dar á infancia”. Mediante o contraste dos diferentes puntos de vista, “coñeceremos a realidade que temos en Ribeira da nenez, e a partir de aí comezar a aplicar políticas que permitan mellorar todo o que facemos no ámbito da infancia e da mocidade”, engadiu, lembrando que o pasado mes de novembro impartiuse un obradoiro de traballo “moi exitoso onde se promoveu a participación de diferentes colectivos e unha das conclusións foi constituír esta mesa de traballo colectiva e participativa”.

Barral rematou afirmando que este traballo conxunto “permitirá, por exemplo, mellorar e facerlle fronte a casos de acoso nos colexios, ás violencias, ás agresións, etc.”.

A educadora dos Servizos Sociais, responsable do Servizo de Educación e Apoio Familiar (SEAF), Iria Alén Salgado, coordinadora deste pioneiro proxecto fixo un chamamento co obxectivo de sumar máis profesionais á mesa local da nenez, “se es un ou unha profesional sensibilizado/a coas necesidades da infancia e queres unirte a unha comisión de traballo ou recibir máis información sobre o proxecto, podes contactar con no email: educadora@ribeira.gal para afondar nos detalles, preferentemente antes do 23 de maio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.