Os tesouros do Barbanza estiveron presentes en Expovacaciones (Bilbao) grazas a Turismo da Deputación

12 Maio 2025

Bilbao acolleu novamente a visita da provincia da Coruña, coa participación da Deputación en Expovacaciones os días 9, 10 e 11 de maio. Unha participación que tivo “moi boa acollida” ante o público bilbaíno, tal e como sinalou o vicepresidente, Xosé Regueira, engadindo que “o noso stand estivo ateigado de xente en todas e cada unha das actividades que desenvolvemos da man dos produtores e cociñeiros, sendo sen dúbida o que máis afluencia tivo de toda a feira”.

Co obxectivo de promover o turismo gastronómico da provincia, a entidade provincial organizou un programa completo e continuo con obradoiros e demostracións a cargo do chef Álvaro Victoriano, do Grupo Peculiar da Coruña, e presentacións e degustacións dos produtos de Orixes Galegas, Bonilla a la Vista, Mariscos de Barallobre e Empanadas Ternura.

“É un auténtico orgullo ver como o noso sector agroalimentario despunta neste tipo de eventos grazas á excelente calidade dos nosos produtos e tamén ao bo facer dos nosos chefs. Esa é, precisamente, a nosa mellor marca turística”, apuntou Regueira. “Foron tres días completos de promocionar territorio a través da gastronomía, pero tamén de poñer en valor o noso patrimonio, as nosas paisaxes e, por suposto, a nosa xente”.

E é que, ademais, a Deputación presentou, a través da súa campaña A paisaxe que sabe, algúns dos enclaves máis destacados da provincia que combinan interese turístico, paisaxístico e gastronómico, como a vila de Muros, a vila mariñeira de Sada, o Espazo Museístico da Carpintaría de Ribeira – Estaleiro de Ciprián en Outes, o Castro de Baroña e a praia das Furnas en Porto do Son, o dolmen de Axeitos en Ribeira, o Pazo de Goiáns en Boiro, a vila de Rianxo e o miradoiro da Curota na Pobra do Caramiñal.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.