Tramitadas 2.400 matrículas para acreditar o dominio do galego nas probas CELGA deste ano

12 Maio 2025

A Secretaría Xeral da Lingua (Consellería de Cultura) tramitou este ano 2.413 matrículas para certificar o nivel de coñecemento en lingua galega. Así o anunciaron o conselleiro de Cultura, José López Campos, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García, durante unha visita ás persoas que se examinaron o sábado 10 de maio no Instituto Antonio Fraguas de Santiago de Compostela. Trátase dunhas probas ás que concorreron esta fin de semana na capital galega 1.155 persoas, ás que se suman 224 en Ponferrada e 70 en Madrid, outros dos puntos onde se se poden validar as competencias lingüísticas.

O conselleiro destacou que estes exames “son unha ferramenta fundamental para que a nosa lingua siga a medrar e aumentar o seu prestixio a través do seu uso e o seu coñecemento”. Así, destacou “a importancia de acreditar o dominio do idioma,  promovendo a formación e favorecendo o seu emprego en toda sociedade”. Ademais, engadiu, trátase dunha medida dirixida especialmente a “que aquelas persoas non nacidas en Galicia ou que non tiveron este idioma como lingua nai poidan ter a oportunidade de ser parte da comunidade de galegofalantes”.

Ademais do CELGA 4, o 24 de maio terán lugar as probas do nivel 3 que contan con 394 matrículas en Santiago, 92 en Ponferrada e 27 en Madrid. Pola súa banda, examinaranse do CELGA 2 o 25 de maio nas tres sedes un total de 399 persoas (318 en Santiago, 53 en Ponferrada e 28 en Madrid) e do CELGA 1, o 31 de maio, 52 persoas en Santiago.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.