Medio Rural reabre as comunicacións para queimas agrícolas e autorizacións de restos forestais

07 Maio 2025

A Consellería do Medio Rural informa de que, a partir deste mércores, queda aberto de novo o prazo para realizar as comunicacións de queimas agrícolas de carácter particular, así como para solicitar autorizacións de queimas de restos forestais amoreados.

As persoas interesadas deberán indicar expresamente na súa comunicación se van efectuar queimas de palla ou doutro material natural non perigoso. No caso de realizar o trámite vía telefónica a través do 012, tamén deberán comunicar esta información durante a chamada.

Así mesmo, retómanse as solicitudes de autorización necesarias para queimas de restos forestais amoreados. Neste tipo de actuacións, ao supoñer un maior risco, é obrigatorio contar cunha autorización administrativa, como xa é habitual.

Medio Rural lembra a importancia de seguir as recomendacións de seguridade e realizar os trámites correspondentes para garantir un uso controlado do lume no medio rural galego.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.