O Concello de Ribeira acaba de adxudicar as obras de rehabilitación do Conservatorio de Aguiño, unha actuación que suporá unha transformación integral do edificio, mellorando tanto a súa funcionalidade como a eficiencia enerxética, cun orzamento de 628.226,64 euros.
O proxecto, financiado con fondos europeos Next Generation (PIREP 2 – React-EU) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, permitirá manter os usos actuais do conservatorio pero redistribuíndo espazos arredor do auditorio central para optimizar o funcionamento do edificio.
Un dos principais obxectivos é mellorar a eficiencia enerxética, pasando dunha cualificación D a A, cun aforro estimado do 73,56% no consumo de enerxía primaria non renovable. Para iso instalaranse 19 paneis solares de 580W, un novo sistema de climatización por aerotermia e iluminación LED con sensores de presenza.
Tamén se acometerán melloras acústicas e térmicas, con novo illamento de cortiza, carpintería de altas prestacións e teitos acústicos. O escenario será reformado para facelo máis versátil e abrirase ao exterior cun sistema de carpinterías abatibles que conectarán o auditorio coa rúa Murguía, favorecendo un uso público máis aberto e dinámico.
O alcalde, Luís Pérez Barral, salientou que esta actuación forma parte dun “importante esforzo inversor nas parroquias” e lembrou que nos últimos dous anos se teñen investido máis de 250.000 euros en dotacións básicas en Aguiño, e están en marcha obras que suman máis de dous millóns de euros. A redacción do proxecto foi realizada polo estudio CSA Arquitectura por 50.379,32 €, e a obra foi adxudicada á UTE XAC-PRACE.

O proxecto tratará de:
- Incluír un sistema de climatización por aerotermia e renovación de aire con
recuperación de calor de alta eficiencia. - Mellorar sistemas de iluminación con outros de menor consumo
- Manter os mesmos usos internos
- Mellorar o illamento cun sistema SATE exterior protexido cun panelado de
madeira termotratada. - Incluír un falso teito de madeira no espazo do escenario para mellora
acústica - Igualar a altura da cornixa coa cumbrera do tellado para ordenar o volume.
- Incluír paneis solares en cuberta
- Converter as xanelas do espazo do escenar auditorio e da cantina en
correderas ata o chan de modo que os espazos do auditorio e da cantina
póidanse estender ao exterior facendo un edificio máis participativo. - Ocupar cunha bancada exterior o espazo actual de aparcamento que se
desprazaría cara ao lateral do edificio de Telefónica para lograr un auditorio
exterior. - Deplazar a zona de xogos dos nenos a un lateral máis visible desde a rúa
para á súa vez permitir un espazo social exterior con grellada enfronte da
cantina. - Revestir as paredes interiores con paneis acústicos de madeira
- Introducir un espazo de asento para espera próximo á entrada
- Utilizar madeira laminada como material estrutural para as novas estruturas




