O Ciclo Mestre Mateo volve a Boiro na súa cuarta edición

07 Maio 2025

O Ciclo Mestre Mateo arranca a súa cuarta edición na provincia da Coruña grazas ao apoio da Deputación de Coruña. Os detalles da xira foron dados a coñecer en rolda de prensa na sede da institución, coa presenza da deputada de Cultura, Natividade González, e a vogal da Academia Galega do Audiovisual, Alba Gallego, quen presentaron as novidades da mostra, que proxectará algunhas das obras finalistas e premiadas nos Mestre Mateo en diferentes concellos da provincia. A primeira delas terá lugar este venres 9 de maio en Betanzos.

Ademais de Betanzos, os concellos de Boiro, Cedeira, Cerceda, Valdoviño e Vimianzo proxectarán as producións finalistas nas categorías de longametraxe e documental dos XXIII Premios Mestre Mateo: As Neves, de Sonia Méndez; Xustiza artificial, de Simón Casal; Honeymoon, de Enrique Otero; + Cuñados, de Luis Avilés; e os documentais Filmei paxaros voando, de Zeltia Outeiriño; Salvaxe, salvaxe, de Emilio Fonseca; Aurora, de Area Erina e Prefiro condenarme de Margarita Ledo.

A deputada, Natividade González, apuntou que “o cinema segue a ser protagonista na provincia da Coruña” e para a administración “é importante seguir apostando para que este tipo de proxectos se leven a cabo. O ciclo chega a lugares onde non existen grandes pantallas, polo que esta iniciativa é un exemplo máis do noso compromiso cunha cultura accesíbel para todos os veciños e veciñas da provincia”.

Pola súa parte, Alba Gallego destacou “a importancia de que o cinema galego chegue a todos os recunchos do país, especialmente a aquelas localidades que non contan cunha programación audiovisual estábel”. Engadiu que “o Ciclo Mestre Mateo é unha ferramenta fundamental para fortalecer o vínculo da cidadanía co noso audiovisual, poñendo en valor o talento, a diversidade e a capacidade de contar historias propias que temos en Galicia”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.