O Festival Hórreo Vivo regresa a Araño con música, humor e cultura para toda a familia (os días 23 e 24 de maio)

06 Maio 2025

Os días 23 e 24 de maio, o Hórreo de Araño e o Campo da Carballeira volverán encherse de vida coa celebración do Festival Hórreo Vivo 2025, unha cita cultural de referencia organizada pola Asociación Cultural A Carballeira de Baia, con acceso de balde e actividades para todas as idades.

A programación comeza o venres 23, coa actuación musical de Blues do País ás 21:30 h, seguida ás 22:00 h por unha sesión de monólogos a cargo de Federico Pérez e Paula Carballeira, dous referentes do humor e da escena galega.

O sábado 24 será unha xornada completa, que arrincará ás 12:00 h cun roteiro pola aldea e visita ao hórreo, xoia arquitectónica da parroquia e do concello. Ás 13:30 h terá lugar a sesión vermú coa música de Maria Raxeta e Quinkillada, acompañada dun xantar popular desde esa mesma hora.

Pola tarde, o escenario acollerá o concerto sobremesa de Pulpiño Viascón (16:00 h) e as tradicionais Araño Olimpiadas (17:00 h). Ás 19:00 h, os máis pequenos poderán desfrutar do espectáculo infantil Peter Punk: Peor Imposible.

A noite pecharase con concertos de De Ninghures e Mondra a partir das 21:00 h, e ao remate, unha actuación especial de Maruxa & Coralia (Dilles).

O Festival Hórreo Vivo aposta pola cultura local, a música en galego e a posta en valor do patrimonio etnográfico do Araño, todo nun ambiente familiar e festivo. A entrada é libre, mais está prohibida a entrada con bebida ao recinto.

Organiza: Asociación Cultural A Carballeira de Baia

Patrocina: Concello de Rianxo, Deputación da Coruña

Colaboran: Comunidade de Montes Araño, REI Zentolo, Rent Galicia Inmobiliaria

Máis información:

Instagram: @Festival Hórreo Vivo

Web: www.araño.gal

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.