Ribeira acolle un acto informativo sobre o impacto ambiental da macrocelulosa de Altri na ría de Arousa e a mina de Touro

03 Maio 2025


O Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira acollerá o vindeiro martes 6 de maio ás 20:00 horas un acto informativo aberto ao público centrado nos efectos ambientais que pode ter a instalación da macrocelulosa de Altri e a Mina de Touro para a ría de Arousa.

A m

O encontro contará coa intervención de Xaquín Rubido, presidente da APDR, que achegará unha análise sobre o impacto que podería xerar estes proxectos industriais, tendo en conta a morfoloxía do litoral, o curso do río Ulla e os materiais que nel se depositan. Tamén participarán Olaia Ledo, responsable do grupo nacional de ecoloxismo do BNG, e Rogelio Santos, mariñeiro e creador de contidos fortemente concienciado coa defensa do noso mar, que completarán a análise desde a perspectiva ecoloxista e da realidade diaria do mar.

O acto será introducido e pechado por Antía Alberte e Luis Pérez Barral, integrantes do BNG de Ribeira.

Este acto público está aberto á veciñanza e pretende informar e sensibilizar sobre as consecuencias que pode ter a instalación da macrocelulosa Altri e a apertura da Mina de Touro, tanto a nivel ambiental como social e económico, porque Ribeira depende do mar.

DATA: Martes 6 de maio
HORA: 20:00 h
LUGAR: Centro Cultural Lustres Rivas, Ribeira
ENTRADA LIBRE

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...