Sábado 3, tempo inestable con chuvascos con baixa da temperatura

02 Maio 2025

A inestabilidade atmosférica continuará sobre Galicia durante este sábado, mantendo a tónica dos últimos días. Espérase unha xornada de ceos parcialmente cubertos en boa parte da comunidade, con presenza de chuvascos que serán máis frecuentes e intensos pola tarde, especialmente no terzo norte.

As precipitacións poderían alcanzar intensidade localmente forte en zonas como A Coruña, Ferrolterra ou o norte de Lugo, mentres que no resto do territorio os chuvascos serán máis ocasionais.

As temperaturas experimentarán un lixeiro descenso, tanto nas mínimas como nas máximas, o que contribuirá a un ambiente algo máis fresco. En canto ao vento, soprará con moderada intensidade de compoñente sur, aínda que poderá presentar dirección variable no terzo norte, coincidindo coas zonas de maior inestabilidade.

O domingo continuará a inestabiliadde con choiva ata a tarde.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sur á mañá e á tarde e do sudoeste á noite, forza 2 a 4 á mañá, 4 a 5 á tarde e 2 a 3 á noite. Marusía á mañá, forte marusía á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade regular. Mar de fondo do oeste á mañá e á tarde e sudoeste á noite, con ondas de 1 a 2 metros.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota
  11. Praia de Corón Vilanova de Arousa
  12. O Grove

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.