Bretal converterase no Roland Garros galego do 9 de maio ao 25 de xuño

29 Abril 2025

Este luns 28 de abril, xusto no comezo do apagamento eléctrico presentáronse en Ribeira os detalles do IV Torneo de Tenis de terra batida A Devesa, Bretal 2025 (Somos Terra). Ao acto de presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal máis o organizador do torneo, Juan Francisco Fernández, que explicou que este torneo afronta unha cuarta edición con novidades na competición e cunha nova marca en número de participantes que xa superan os 100 a día de hoxe e que sumarán novos e novas participantes até o vindeiro domingo día 4 ás 23:55 h que é cando se pechan as inscricións no grupo de WhatsApp. A proba, engadiu, contará con diferentes categorías; veteranos, dobres masculino-feminino e sub-18, onde haberá trofeos exclusivos xunto cunha contía económica.

Vidal salientou que “contar en Ribeira cun torneo de tenis en terra batida deste nivel tanto en instalacións coma en participantes é todo un luxo para a parroquia de Olveira e por extensión para o Concello, que colabora modestamente nesta competición que organiza Juan xunto coa familia”. Para rematar o concelleiro animou á xente a participar tanto na competición como de público porque é un torneo en terra batida que non é moi doado de presenciar polo Barbanza.

Juan Francisco amosou a súa satisfacción respecto do desenvolvemento das inscricións, que xa superan os 80 participantes da edición anterior, tamén fixo referencia aos participantes de diferentes provincias de Galicia. Falou igualmente do traballo detrás do torneo: “Nós temos unha maneira de organizar o torneo dunha forma moi familiar, calquera que chega encóntrase coma na casa” indicou Fernández que anunciou cambios na competición para facela máis dinámica: “Cambiamos un pouquiño o formato porque cremos que perder o primeiro partido e marchar é un pouco inxusto, polo que argallamos unha serie de partidos ao mellor de tres para poder ter máis oportunidades e facelo máis xusto e menos frustrante; iso de que perdas e vaias para a casa, aquí non existe”.

Indicou que toda a familia axuda para que o torneo luza como nas pistas de París ou Roma: “Facémolo con moita devoción, sobriños incluídos, cando falla un vai o outro, é unha pista que hai que mantela, regar, varrer, arranxar a rede, as liñas, gradas, etc.., como na TV”. Juan rematou dándolle as grazas aos múltiples e diversos patrocinadores, aos escultores dos trofeos –de Castiñeiras–, xunto coa colaboración do Concello de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...