A Pobra do Caramiñal celebra o Día Internacional da Danza coa iniciativa “Emociónate co baile”

29 Abril 2025

O Concello da Pobra do Caramiñal presentou unha proposta para celebrar o Día Internacional da Danza: Emociónate co baile, unha actividade de danza desenvolta polo Taller Alecrín, aberta á veciñanza, que ten como obxectivo emocionar e conectar a espectadores con danzantes.

A concelleira de Cultura, Patricia Lojo, comentou a respecto desta iniciativa: “A danza ten numerosos beneficios, tanto físicos, como emocionais e como sociais. Favorece a traballar a propia musculatura, axuda a reducir o estrés e a ansiedade, ao facernos pasar un momento divertido, e ao ter que asistir as clases e estar entre un grupo de persoas axuda a mellorar as habilidades sociais, coñecer xente nova e crear novas relacións. Por iso apostamos por esta actividade e intentamos que saia adiante”.

Lola López, presidenta do Taller Alecrín, remarcou: “Dende o Taller Alecrín, o que queremos e poñer en valor a importancia do baile en todos os sentidos e para todos. O que pretendemos con este tipo de citas é darlles a ver aos nosos alumnos, que non son normalmente os protagonistas, a oportunidade de pasar o día coa xente nunha clase co protagonismo que merecen”.

Pola súa banda, Francisco Muñiz, director técnico do Taller Alecrín, explicou en que consiste a actividade: “O baile é unha actividade transversal, que xunta a xentes distintas e en diferentes circunstancias. Emociónate co baile é unha mostra de line dance e baile social, a nosa etiqueta para o baile en grupo onde mesturamos varios estilos. O fío deste ano é o da emoción e o sentimento que xera a xunta de danza e narrativa, e tirando del imos facer un percorrido por diferentes bailes e ritmos expresando a emoción que produce nos que o miran e nos que o facemos”.

Como idea final sobre a o concepto da actividade, o director técnico citou a Mikhail Baryshnikov, persoeiro escollido este ano para dar a mensaxe do Día da Danza: “Dise a miúdo que a danza pode expresar o inenarrábel. A ledicia, a dor e o desespero fanse visíbeis. Expresións encarnadas da nosa fraxilidade compartida. Nese senso a danza pode espertar empatía, inspirar bondade e fomentar en nós o desexo de sandar na vez de danar.”

O evento será este xoves, 1 de maio, a partir das 17h na praza Alcalde Segundo Durán, en caso de que o permita o tempo, á que se pode achegar toda a veciñanza. Se chove, a actividade trasladarase ao Colexio Salustiano Rey. Será en formato de clase aberta, con explicacións e introducións antes de cada unha das 12 intervencións, nas que participarán un total duns 50 alumnos.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.