Ribeira honra este luns a San Alberte na súa tradicional e secular romaría

27 Abril 2025

A capela de San Alberto volverá acoller este luns a súa tradicional e secular romaría. A capela ubicada sobre o monte do mesmo nome remontase no seu abside o século XII e o resto da mesma o século XVIII.

As actividades programadas pola parroquia de Santa Uxía arrincarán ás 16.00 horas, cunha peregrinación que partirá do atrio da igrexa onde se bendicirá de ramas e terra. A misa na capela será ás 18.00.

Sobre as 19.00 comezará unha das propostas máis singulares, a poxa de galos, galiñas e ovos. A xornada culminará cunha nova misa ás 20.00, esta na igrexa parroquial.

Na capela realizase o tradicional cambio da tella que na súa versión moderna supón que a parexa que tire un trozo de tella e permaneza na hornacina casan antes dun ano. A verdadeira e tradicional é o de mover a tella para pedilo cambio da dirección do vento e con elo axudar os mariñeiros a regresar a terra. O refrán popular refrenda esta tradición ” Cando a Curota vexas tapar vai a San Alberte a ventear”.

O tempo esperase con ceo despexado e temperaturas que rondarán os 30 graos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...