Sábado 26, ceo despexado e temperatura en ascenso

25 Abril 2025

Galicia e a comarca prepáranse para un sábado baixo a influencia das altas presións. Esta situación meteorolóxica provocará a presenza de nubes baixas durante as primeiras horas do día, especialmente ao norte, onde podería rexistrarse algunha chuvia feble.

Co paso das horas, os ceos iranse aclarando, dando lugar a unha tarde maiormente despexada. As temperaturas mínimas experimentarán un moderado descenso, mentres que as máximas permanecerán sen cambios significativos chegando ós 22 graos. O vento soprará frouxo de compoñente norte, aínda que nas Rías Baixas poderá alcanzar intervalos moderados a fortes.

meteogalicia

O noso mar: Vento do nordés á mañá, do norte á tarde e do nordés á noite, forza 2 a 3 á mañá, 4 a 6 á tarde e 4 a 5 á noite. Mar ovellado á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do oeste á mañá e noroeste á tarde e á noite, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá, 1.5 a 3 metros á tarde e 2 a 2.5 metros á noite

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota
  11. Praia de Corón Vilanova de Arousa
  12. O Grove

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.