Venres 25, aumento das nubes e baixa da temperatura

24 Abril 2025

Galicia afronta o venres con máis nubes e posibilidade de chuvascos no interior e norte

Este venres, Galicia situarase nunha zona intermedia entre as altas presións do Atlántico e as baixas centradas na península Ibérica, o que propiciará a entrada de aire frío e un incremento da inestabilidade atmosférica.

Nesta conxuntura, os ceos presentaranse máis nubrados, especialmente na metade oeste da comunidade. Espérase que pola tarde se produzan chuvascos, que serán máis probables nas zonas do interior e na metade norte do territorio quedando a comarca fora da zona de chuvias.

No que respecta ás temperaturas, as mínimas manteranse sen cambios significativos, mentres que as máximas experimentarán un descenso moderado. Os ventos soprarán do noroeste, en xeral frouxos, aínda que con intervalos moderados nalgúns puntos.

meteogalicia

O noso mar:Vento do norte á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 3 a 4 á mañá e á noite e 3 a 5 á tarde. Marusía. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 3 metros á mañá e á tarde e 2 a 2.5 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota
  11. Praia de Corón Vilanova de Arousa
  12. O Grove

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.