Accidente con fuga na avenida de Ferrol en Ribeira, na madrugada do sábado

21 Abril 2025

Durante a madrugada do venres 18 ao sábado 19 de abril, rexistrouse en Ribeira un accidente de circulación entre dous vehículos na avenida do Ferrol. Segundo confirmaron os axentes da Policía Local de Ribeira, un dos vehículos emprendeu a fuxida, sendo localizado polos axentes quilómetro e medio despois do lugar onde se produciu o sinistro. O seu condutor presentaba indicios de atoparse baixo a influencia do alcol, polo que foi requirido para realizar as probas de detección regulamentarias, negándose de forma reiterada. Os axentes procederon entón á súa detención como suposto autor dun delito contra a seguridade viaria, tipificado no artigo 383 do vixente Código Penal, instruíndo dilixencias ao Xulgado de Garda.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...