“Discrepancias na avaliación dos prexuizos derivados para a frota da prohibición de pescar nos Ecosistemas Mariños Vulnerábeis” – Antón Luaces

21 Abril 2025

Dous anos e medio despois de que se confirmara o impacto económico provocado polo peche á pesca de fondo nos 87 Ecosistemas Mariños Vulnerábeis (EMV) en augas comunitarias do Atlántico -vixente desde outubro de 2022- que, desde aquela non volveron ser revisados pola Comisión Europea, mantense a espera da xuntanza do Tribunal de Xustiza da UE, no proceso xudicial derivado de recurso interposto polo sector pesqueiro español – a través da empresa de armadores da OPP Burela- e do Goberno de España, tanto pola afectación do palangre de fondo como pola ausencia dunha avaliación socioeconómica previa, o STECF da novamente a razón á frota.

Case tres anos despois da entrada en vigor dos peches, a frota dos países directamente implicados (España, Francia, Italia e Portugal) vense afectados por unha “significativa redución” da súa actividade pesqueira en zonas de augas profundas protexidas pola Unión Europea. O estudo levouse a cabo a petición da Comisión Europea entre febreiro e marzo de 2025, por un grupo de expertos da STECF.

Os peches, implementados para conservar ecosistemas vulnerábeis provocaron unha diminución media do 16% nos días de pesca, un 20% de desembarques e un 10% no valor económico total, segundo datos comparativos entre os anos 2022 e 2023. Por estes datos, España sería o país máis afectado, con 221 buques que terían padecido as consecuencias directas das vedas; Irlanda, con 73 barcos, e Francia con 60, son suficientes datos para estimar o impacto da frota lusa. No caso de España, avaliáronse escenarios de peche adicionais máis aló dos actuais, polo que a descrición de frota rexional quedou centrada tanto nos buques actualmente afectados coma naqueles que poderían verse potencialmente afectados, o que explicaría o alto número de buques que terían que selo a consecuencia dos peches.

Esta redución no esforzo e os desembarques o STECF non pode consideralos coma un resultado final das análises. Apunta, sen embargo, ca maioría dos resultados acadados a partir das análises dos datos FDI (Información Dependente da Pesca) foron confirmados polas partes interesadas consultadas, é dicir, a frota, tanto en entrevistas como por aqueles que participaron coma observadores.

Son datos que proporcionan unha valiosa información sobre as tendencias rexionais no comportamento pesqueiro, aínda que tamén se recoñecen importantes limitacións. En concreto, o STECF explica que o propio tamaño dos ecosistemas mariños vulnerábeis en comparanza  coa área pesqueira total dificulta  calquera avaliación robusta do impacto económico dos peches, especialmente considerando que unha embarcación pode operar en máis dunha área pechada na mesma xornada de pesca. En resposta, o Comité lembra que os datos precisos e de alternancia son cruciais para os seus impactos, o que resulta esencial para aplicar decisións políticas informadas. 

Por outra banda, os científicos coidan que para illar o efecto do peche dos Ecosistemas Mariños Vulnerábeis fronte a outros factores, o cambio na actividade das frotas afectadas nos rectángulos pechados debería compararse  co cambio noutras áreas, coa fin de identificar se o esforzo se desprazou ou se simplemente diminuíu. Así mesmo o nivel de actividade podería compararse con frotas semellantes que operan fóra das normas VME. Este modelo evidencia que o impacto económico varía segundo o país e o segmento de frota e que algunhas frotas artesanais se adaptaron cambiando o seu arte de pesca. 

No que atinxe aos beneficios ecolóxicos, os expertos coidan que o valor dos servizos ecosistémicos proporcionados polas VME, como a captura de carbono coa protección da biodiversidade, aínda que recoñecen ca valoración económica destes servizos chegue a ser limitada, propoñen unha maior participación dos Estados Membros nunha maior calidade de datos, avaliacións de stocks individuais e o uso de ferramentas de simulación máis potentes. Suxire asemade melloras no funcionamento do grupo de expertos para garantir  análises máis precisos e representativos.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.