Tina Fernández e Nicolás Domínguez brillan na XLIV Carreira Popular de Pascua en Padrón

19 Abril 2025

Este sábado 19 de abril, Padrón converteuse no epicentro do atletismo galego coa celebración da XLIV Carreira Popular de Pascua, marcada pola choiva e a enerxía dos preto de 700 participantes entre categorías escolares e absolutas.

Na categoría feminina, Tina Fernández Barreiros, da SD Compostela Atletismo, cruzou a meta como vencedora cun tempo de 52:09, seguida de Silvia García Lorenzo e Martina López Gestal. Martina, ademais de conseguir ser recoñecida como mellor atleta local, foi a pregoeira das Festas da Pascua deste ano.

En categoría masculina, Nicolás Domínguez García, do CA Sar, proclamouse vencedor cun impresionante tempo de 43:29. Francisco Javier Ascanio e Martín Lestido completaron o podio, este último renovando o título como mellor padronés.

Un ambiente de festa e inclusión marcou a proba, que incluíu momentos emotivos como o canto de “cumpleanos feliz” a tres participantes. O alcalde Anxo Arca, acompañado por outros representantes locais, entregou os trofeos aos gañadores das diversas categorías.

Jesús Bernal, de Ferrol, destacou como o atleta máis veterano, demostrando que o deporte non ten idade, mentres que o C.A. Sar acadou o título de mellor equipo, consolidándose como o conxunto con maior número de participantes.

A participación nas categorías escolares tamén foi sobresaliente, cunha alta cifra de nenos e nenas desafiando as condicións meteorolóxicas adversas para correr. Desde Sub-10 ata Sub-18, os atletas demostraron que o futuro do atletismo galego está garantido.

O Concello de Padrón agradeceu o esforzo de atletas, clubs e voluntarios, resaltando o traballo organizativo que fixo posible un evento tan exitoso, a pesar das adversidades.

Destacada participación nas categorías escolares
A carreira contou cunha alta participación tamén nas categorías escolares, nas que máis de 350 nenos e nenas decidiron correr pese ao mal tempo. Todos os participantes recibiron medallas e, nas probas competitivas, os podios foron os seguintes:
Sub 20 masc.: Eros Pardal, Saúl Alcalde e Mario Alcalde.
Sub 23: Paula Quintela e Hugo Calvo.
Sénior: Raquel Fernández, Ana Eirís e Aldara Betanzos; e Damián González, Esteban Martín e Nicolás Mollinedo.
Máster 1: Elisa Boullosa, Nuria Mejuto e Paula Trillo; e Ismael García, Xacobe Fontán e Arturo Domínguez.
Máster 2: Marga Villaverde, Sonia Agrasar e Silvia González; e Roberto Carlos Agrelo, Victor González e Fernando Vázquez.
Máster 3: Elena Miguens, Elena Torea e Patricia Argiz; e Santiago Falcón, Ángel Maceiras e Xosé Antón Barreiro.
Máster 4: María del Rosario Morales, María Begoña Ramos e Elvira Tresguerras; José Suárez, José Carlos Graña e Santiago Álvarez.
Categorías escolares
Nas categorías escolares houbo medallas para os participantes e as clasificacións, nas probas competitivas, quedaron do seguinte xeito:
Sub-10: Gabriela López, Daniela Pacheco e Xeila Mateos; e Nico Camino, Mateo Vilela e Luca Ramos.
Sub-12: Icía López, Celia Mella e Alma Vicente; e Nicolás Amado, Antonio Sanmartín e Xián Martínez.
Sub-14: Aitana García, Martina Yubero e Judit Barros; e Xabier Rodil, Hugo Tuñas e Alejandro Campos.
Sub-16: Lucía Taboada, Candela Dopazo e Xoana Rodil; e Martín Otero, Marcos Barcala e Diego Daporta.
Sub-18: Uxía López e Erika Botana; e Hugo Castaño, Brais Bahamonde e Fabián Lunenburguer.

Fotos Concello Padrón- Alicentis

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.