A patronal de Ribeira comezou o sorteo das entradas para asistir, este 19 de abril, ao Tributo a Mecano

15 Abril 2025

A Asociación de Empresarios de Ribeira informou de que xa comezaron a desvelarse algunhas das gañadoras do sorteo de convites para asistir ao concerto Tributo a Mecano que convocou esta tempada a patronal como xeito de premiar a fidelidade das veciñas e veciños cos establecementos de proximidade. A asociación felicitou ás gañadoras que xa se deron a coñecer (tres) e “a todos e a todas por participar e mercar no comercio local”.

En total, sortéanse cinco entradas dobres para desfrutar da actuación Tributo a Mecano, Non tes nada que perder, que se celebra o vindeiro 19 de abril no Auditorio de Ribeira. As entradas sortearanse desde este mércores 9 pola tarde ata o martes 15 de abril. Esta campaña esta co-financiada pola Xunta de Galicia.

Este sorteo encádrase na campaña Pascua no Comercio, que se desenvolve dende o 4 até o 20 de abril, sorteando 150 euros en vales de compra, co que a patronal de Ribeira busca “incentivar as compras nos establecementos de proximidade neste tempo de Semana Santa”. Con cada compra os clientes poden participar no sorteo rexistrando o seu tícket na páxina web empresariosriveira.com ou escaneando os código QR que estará presente nos carteis e flyers repartidos polos comercios e establecementos asociados.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...