A Xunta completará este ano a transformación dixital das lonxas e confrarías de pescadores de Galicia

14 Abril 2025

A Xunta completará este ano a trnasformación dixital das lonxas e confrarías de pescadores de Galicia impulsa a modernización das lonxas galegas con tecnoloxía 4.0 para mellorar a rastrexabilidade e comercialización

A Xunta de Galicia completará este ano a modernización tecnolóxica das lonxas e confrarías de pescadores coa implantación do programa Lonxas galegas 4.0. Este proxecto, impulsado pola Consellería do Mar e Amtega, permitirá unha rastrexabilidade e xestión integral da información desde a pesada ata a poxa e facturación.

Coas novas incorporacións de 2025, sumaranse 56 lonxas e 68 confrarías ao sistema de comercialización e xestión, completando así o proceso tecnolóxico. Desde a súa posta en marcha, Lonxas galegas 4.0 xa procesou máis de 7 millóns de notas de venda, xerando un negocio anual de 80 millóns de euros.

A Administración autonómica asinou a addenda ao convenio para consolidar este sistema, elevando o investimento total ata os 10 millóns de euros. Entre as melloras destacadas, este modelo permite a realización de poxas en tempo real, o control continuo sobre os procesos de lonxa e unha maior eficiencia na comercialización. Así mesmo, integra información sectorial relevante e facilita a transparencia nos mercados pesqueiros.

A segunda fase do proxecto contempla a incorporación de 20 novas lonxas e 32 confrarías en toda Galicia, garantindo unha cobertura total para os profesionais do mar. Paralelamente, trabállase na evolución do portal para mellorar a visualización da oferta e optimizar os procesos de compra mediante participación remota dos compradores.

Con este avance, a Xunta reafirma o seu compromiso coa modernización do sector pesqueiro, reforzando a seguridade alimentaria, a rastrexabilidade do produto e a eficiencia na xestión comercial das lonxas galegas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.