Alerta amarela no litoral galego este luns por temporal costeiro

13 Abril 2025

Todo o litoral de Galicia estará este luns en alerta amarela por temporal costeiro debido ao paso dunha borrasca que deixará vento forte do noroeste, segundo informa MeteoGalicia.

O aviso comezará ás 18:00 horas e prolongarase ata as 21:00 horas, agás na zona da Mariña Lucense, onde o fenómeno costeiro adverso se iniciará ás 21:00 horas e rematará á medianoite.

Ademais, a Agencia Estatal de Meteorología (AEMET) mantén activada a alerta por choivas intensas no suroeste e oeste da provincia da Coruña ao longo da mesma xornada.

Espérase así un luns de ceos parcialmente cubertos, con precipitacións dispersas que poderán rexistrarse en calquera punto da comunidade. A cota de neve irá descendendo co avance da tarde, situándose arredor dos 1.200 metros durante a noite.

En canto ás temperaturas, as mínimas manteranse sen cambios, mentres que as máximas experimentarán un descenso.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.