Un señor, un mestre de moitos anos, díxolles aos seu alumnos, que tamén eran mestres con
anos dabondo, algo moi significativo e importante: “coidade de que a intelixencia de cada
un domine e marque os pasos que debe seguir a máquina coa súa intelixencia artificial”.
Cómpre dominar esa ferramenta que está incidindo no futuro da comunicación, da creación
literaria, da educación, da documentación, da economía, de todos os saberes e, mesmo, da
sociedade enteira.
Os mestres asistentes, escoitaban e asentían. Eles e cada un dos lectores deste xornal saben
que as ferramentas son para traballar con elas, que é conveniente aprender a manexalas,
como foi necesario aprender a agarrar o lapis para escribir ben e rapidamente. Por certo,
amigo ou amiga, para saber de que escribes non importa a cor do lapis, nin as súa
fermosura, nin o seu tamaño, nin se é de madeira, de plástico ou de nada.
Importas ti. E a ti, se me permites o tuteo, vai dedicado este artigo, como unha idea para
seguir pensando, afondando no pensamento e furgando nos datos, nos falares e nas
concienciudas pescudas de quen traballa e serve á colectividade.
É como se o mundo estivera ao revés. Os políticos, os empresarios, os científicos e moitos
outros falan con linguaxe arancelaria, pensan nos cartos, na riqueza e en pouco máis. Outros
(ou os mesmos) falan da guerra e da imposibilidade de acordar, como se lle tiveran medo ao
pensar, ao razoar, dialogar e acordar. E todos, os que poden, andan coa IA, como se non
foran quen de pronunciar as dúas palabras. Ou como se non souberan o significado das
mesmas. Vaiche boa, Vilaboa!
Ao falar de Vilaboa, vén á memoria deste escribidor o talento daquel Vilaboa Barreiro, de
Vilaboa, que pasou a súa vida profesional como enxeñeiro, traballado nas estradas e nos
portos do Norte da Península, defendendo a cultura Galega e o Camiño de Santiago, como
parte da mesma. Era enxeñeiro, como o seu pai fora; promotor e divulgador do Camiño de
Santiago, como moitas outras persoas que non perdían de ter unha pica onde fose, en
Sestao, en Donostia, cerca de Redondela, en calquera das estradas da Coruña, de Lugo, de
Ourense ou de Pontevedra.
Como outros galegos de ben, estaba devanando coa cabeza, dándolle voltas á terra, ao mar
e ao silencio, para seguir coa longa espera na procura dunha ida.
“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz
“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...



