O BNG apoia as demandas veciñais e pide médicos para Ribeira

10 Abril 2025

O Bloque Nacionalista Galego compartiu un novo comunicado no que expresa o seu “total apoio” ás concentración convocadas pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza, que se veñen producindo diante do Centro de Saúde de Ribeira. A veciñanza, como lembraremos, “denuncia a falta de persoal médico e as precarias condicións nas que os profesionais sanitarios desenvolven o seu traballo, situación que repercute negativamente na atención especializada e satura os servizos de urxencias”. O BNG, que se sumou ás reivindicacións dende o seu inicio, presentou a través da deputada da Pobra do Caramiñal, Rosana Pérez, unha serie de iniciativas no Parlamento de Galiza esixindo á Xunta que “cubra de inmediato todas as prazas de persoal médico en Ribeira e Aguiño, alertando do colapso do sistema sanitario na zona”.

Ademais, o BNG presentou emendas aos Orzamentos da Xunta para 2025, propoñendo “investimentos significativos para mellorar a sanidade na comarca, incluíndo a ampliación da área de hospitalización da Barbanza e a dotación dunha ambulancia medicalizada”.

Os nacionalistas sinalan tamén que “todas estas propostas foron rexeitadas polo Partido Popular”.

O responsábel local, Rafa Pazos, mostrouse convencido de que “a loita veciñal é fundamental para conseguir melloras tal e como pasou en Palmeira, Corrubedo e Aguiño. No BNG imos seguir a carón da xente para ter unha sanidade pública de calidade. O alcalde está cos veciños e imos traballar, nas institucións e na rúa, para garantir que a veciñanza de Ribeira e da comarca da Barbanza reciba a atención sanitaria que merece”.

Concentración do pasado xoves diante do Centro de Saúde de Ribeira

Outros artigos

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.