ACTEMSA presenta ao conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, o seu plan de futuro

10 Abril 2025

ACTEMSA, empresa referente en Galicia na importación e exportación a nivel mundial de peixe conxelado e no procesado de túnidos e
servizos de conxelación, recibiu este 10 de abril a visita nas súas instalacións do Polígono da Tomada (A Pobra do Caramiñal) de Diego Calvo, conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia. Á súa chegada, visitou a factoría co equipo directivo de ACTEMSA, co seu fundador e
presidente honorífico Severino Escurís á fronte. Durante a visita institucional, Calvo coñeceu de primeira man os procesos e plans da compañía,
unha vez superada a crise global dos mercados pesqueiros, que afectou a moitas empresas operadoras e transformadoras. Respecto diso, o conselleiro da empresa da Pobra, José Luis Escurís destacou “que seguimos aquí, coa fortaleza de ser unha empresa familiar que opera en todo o mundo e inviste, crece e crea emprego na súa contorna”.

Lembrou que actualmente a compañía conta con 250 persoas en persoal e crea ademais 400 postos de traballo indirectos; e fundaméntase en seis eixes de desenvolvemento: innovación, transición enerxética, dixitalización, calidade, economía circular e Responsabilidade Social Corporativa. Escurís agradeceu a visita do conselleiro, porque “consideramos clave o apoio das administracións para o noso desenvolvemento, cunha aposta pola rastrexabilidade, a dixitalización dos nosos procesos, a sustentabilidade e a valorización do produto a través da economía circular”.

Pola súa banda, Diego Calvo agradeceu o convite e puxo en valor o potencial da industria galega de transformación de produtos do mar. Tamén trasladou o apoio do Goberno galego a este sector clave na economía de Galicia.

Máis de 30 anos de historia en evolución

ACTEMSA S.A. é unha empresa familiar fundada en 1994 por don Severino Escurís Batalla dedicada á importación e exportación a nivel global de peixes conxelados, así como ao procesado de túnidos. Así mesmo, achega servizos de conxelación e de asistencia técnica a empresas conserveiras
e pesqueiras. Situada no Polígono da Tomada, na Pobra do Caramiñal (A Coruña), comezou como comercializadora de pescados –túnidos en especial- e cefalópodos, para o que instalou as súas cámaras frigoríficas na Pobra, con compras por conta propia e servizos de frío a outras empresas da
zona. En 2000 iniciou a elaboración de lombos de atún, con destino a firmas conserveiras de toda Europa e actualmente, importa peixe das tres grandes áreas pesqueiras mundiais de atún: Latinoamérica, África e Asia.

Outros artigos

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.