A IV Gala de Cultura da Deputación celebra o talento da creación galega este xoves no Teatro Colón

09 Abril 2025

A Gala da Cultura da Deputación da Coruña chega este xoves 10 de abril, no Teatro Colón ás 19 horas, á súa cuarta edición para converterse un ano máis no escaparate da creación galega e xa consolidada como “unha cita imprescindíbel onde teñen visibilidade e recoñecemento o traballo e o talento de artistas, músicos e músicas, escritores e escritoras, colectivos e proxectos culturais da provincia”, en palabras da institución provincial.

Ao escenario do Colón subirán para recibir o seu galardón, deseño da escultora Soledad Penalta, as gañadoras e gañadores dos premios convocados polo departamento provincial de Cultura en 2024: o Torrente Ballester de narrativa, o Castelao de banda deseñada, o Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil, o González Garcés de poesía, o Antonio Fraguas de artesanía, o Fran Pérez ‘Narf’ de música, o Begoña Caamaño á acción cultural pola igualdade de xénero, o Jesús Núñez de arte gráfica e o Luís Ksado de fotografía.

Moi en sintonía cunha acción cultural da Deputación que quere tecer redes con toda a súa programación, o novo tradicionalismo –a reinterpretación e revitalización da cultura e as tradicións galegas desde una perspectiva contemporánea e innovadora– será o fío condutor da gala. Presentaraa a xornalista Susana Pedreira, coa colaboración dunha intérprete de lingua de signos, nunha velada con dirección artística de Thais Suárez, música de Alana, danza da compañía do bailarín e coreógrafo ribeirán Fran Sieira, imaxe audiovisual de Nela Fraga –que participa cunha peza audiovisual creada a partir de imaxes do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade do Museo do Pobo Galego– e deseño de roupa de La Mapache e de José Matteos.

Especial protagonismo terá o encaixe de Camariñas, presente no escenario, no vestiario, en todos os elementos gráficos da gala e no vestíbulo do Colón, onde palillarán artesas da Mostra a partir das 18 horas.

A entrada é libre e o público está convidado a pasar polo fotocol desde as 18.30, hora da apertura de portas.

Os premiados

  • Torrente Ballester de narrativa: Maria Dolores Rodríguez (en lingua galega) Jose Antonio Bonet (en lingua castelá).
  • Castelao de banda deseñada: Sandra López (modalidade xeral) e Laura Suárez (modalidade LIX).
  • Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil: Érica Esmorís (modalidade infantil) e Rosa Aneiros (modalidade xuvenil).
  • González Garcés de poesía: Gonzalo Hermo.
  • Antonio Fraguas de artesanía: Borja Canedo (modalidade tradicional) e Ezequiel Franchi (modalidade contemporánea).
  • Fran Pérez ‘Narf’ de música: Carabela.
  • Begoña Caamaño á acción cultural pola igualdade de xénero: María Encarnación Otero (premio á traxectoria) e Asociación Andar cos tempos (premio á iniciativa).
  • Jesús Núñez de arte gráfica: Jose Andrés Santiago.
  • Luís Ksado de fotografía: Vicente Fraga.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.