O Concello de Ribeira inviste 315.000 euros para mellorar o Parque Periurbano e o Centro de Interpretación de San Roque

09 Abril 2025

O Concello de Ribeira está realizando un importante investimento público que supera os 315.000 euros e que vai destinado a mellorar e poñer a punto o Parque Periurbano de San Roque. Esta actuación abrangue diversas melloras no complexo ambiental e tamén no centro de interpretación da cidade.

Unha das actuacións máis salientábeis é a mellora da eficiencia enerxética, coa instalación dun sistema de iluminación no parque que permitirá “un uso máis prolongado deste espazo natural durante todo o ano, especialmente no inverno no que as horas de luz son moitas menos que na época estival”, explicaron fontes do Concello, engadindo, máis en detalle, que se van instalar dous tipos de luminarias, sobre columna de 5 metros e balizas. Para levar a cabo a instalación dotarase dun novo cadro de iluminación e as luminarias serán de tipo LED ou solares, tentando conseguir a

maior eficiencia posíbel. Inclúese tamén unha reforma integral no exterior do Centro de Interpretación, centrada na mellora da impermeabilización e o seu pintado, para garantir a conservación do edificio fronte ás inclemencias meteorolóxicas.

Ademais, co obxectivo de facer o espazo accesíbel a toda a cidadanía, instalouse un pequeno ascensor, garantindo así o acceso universal ás instalacións.

Outro dos piares desta intervención foi a renovación dos contidos expositivos do Centro de Interpretación. Segundo informou o tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta, apostouse por novas tecnoloxías mediante a incorporación de pantallas interactivas que permiten aos visitantes coñecer a historia do municipio ribeirense dunha forma máis atractiva e dinámica. “Coa renovación do Centro de Interpretación e a mellora do Parque Periurbano reforzamos a nosa oferta turística cun relato actualizado e cun espazo moito máis acolledor. É unha aposta clara pola modernización e a posta en valor da nosa historia”, sinalou Suárez-Puerta.

Pola súa banda, o alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, destacou que “dende o Goberno local faise un importante esforzo económico coa finalidade de facer deste espazo natural unha zona de lecer libre de barreiras e atractivo para a veciñanza e para as persoas que visitan Ribeira”.

Segundo apuntaron, todas estas actuacións “responden directamente ás prioridades que veciñanza nos trasladou na consulta pública que puxemos en marcha desde o Concello”, onde unha das demandas máis repetidas foi a necesidade de actuar neste espazo verde do centro urbano.

Pérez Barral salientou que con este investimento refórzase a mellorados espazos públicos dos que goza a cidadanía, evitando o seu abandono, e facendo que teñan unha maior calidade de vida. Todas estas actuacións veñen consolidar ese novo modelo urbano sustentábel, accesible e participativo grazas á mellora dos espazos públicos.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...