Porto do Son acolle en abril un curso gratuíto de agricultura ecolóxica

09 Abril 2025

O concello de Porto do Son vai acoller en abril un curso gratuíto de Agricultura Ecolóxica, de 15 horas de duración e impartido por ASAJA Formación e ENDESA Clientes, en colaboración co Concello. Desenvolverase os días 28, 29 e 30 de abril, en horario de 16.00 a 21.00 horas, no Viveiro de Empresas de Porto do Son. O prazo para inscribirse está xa aberto e pódese formalizar a través da conta de correo formación@asaja.com ou o teléfono 638 160 677. Máis información no Blog de Emprego do Concello.

O obxectivo é proporcionar os fundamentos básicos das explotacións agrarias ecolóxicas, brindando ás persoas participantes coñecementos sobre as técnicas para aplicar, a normativa que regula as axudas para o seu desenvolvemento e as boas prácticas neste ámbito. Este curso é apto para todos os participantes.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.