Preocupación no Concello da Pobra polo impacto ambiental na Ribeiriña

08 Abril 2025

O Concello da Pobra do Caramiñal amosou a súa inquietude pola situación das verteduras rexistradas na zona da Ribeiriña. O alcalde, José Carlos Vidal, asegurou que o contacto con Costas de Galicia é constante para tratar o problema “ca seriedade e rigorosidade que merece”.

Segundo explicou o rexidor, está pendente a elaboración dun informe que determine a orixe exacta das verteduras. Vidal indicou que “é altamente probable que garden relación coa obra de rexeneración ambiental realizada por Costas na zona”, pero subliñou a importancia de confirmar se hai outros puntos de orixe posibles. Ademais, mencionou estar en contacto cos propietarios da Nave de Hadasa, que podería estar relacionada coas verteduras.

Beatriz González Penalta, técnica de Medio Ambiente do Concello, destacou que todos os documentos solicitados foron enviados e subliñou que a solución definitiva require a implicación da Xunta de Galicia e Costas de Galicia.

O Concello reafirma o seu compromiso de abordar este problema ambiental con rigor e transparencia, traballando en colaboración para garantir unha solución adecuada.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...