Cultura da Deputación da Coruña crea o premio Luis Seoane de deseño

08 Abril 2025

O departamento de Cultura de Deputación da Coruña anunciou a creación do premio Luis Seoane de deseño, que recoñecerá as traxectorias, de máis de dez anos, de persoas, colectivos ou entidades cuxos traballos sexan relevantes nas especialidades do deseño gráfico e comunicación visual, deseño dixital, deseño de procesos de organización, deseño industrial e de produto, deseño de espazos e deseño de moda.

Establécese un único premio de 6.500 euros e o prazo para presentar candidaturas –de xeito telemático, a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación (SUBTEL)– rematará ás 14 horas do 19 de maio. 

A deputada de Cultura, Natividade González, presidirá o xurado, que estará formado por unha persoa que pertenza ao ámbito do ensino do deseño, tres profesionais en exercicio de diferentes especialidades –gráfico, de produto, dixital, de moda, etc.– e unha persoa do ámbito empresarial ou cultural, especialmente relacionado cos campos do deseño, a arte e a comunicación.

“Con este novo premio, que incorporamos ao xa imprescindíbel catálogo de certames convocados polo departamento de Cultura da Deputación”, explica González, “queremos non só homenaxear a figura de Luis Seoane, creador total, visionario e pioneiro do deseño gráfico en Galicia, cuxa obra e legado é fundamental para entender a modernidade estética no noso país”. “Queremos tamén”, engadiu, “galardoar traxectorias consolidadas e que a convocatoria se converta nun referente e nun espazo de encontro e recoñecemento para os e as profesionais do deseño en todas as súas disciplinas”.

Co novo certame, a Deputación da Coruña segue a apostar, segundo González, “por iniciativas que fomenten o talento galego; neste caso, nun sector clave para a cultura, a industria e a comunicación na Galicia do século XXI”.

As bases poden consultarse e descargarse no BOP do 28 de marzo.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...