A campaña “Ola Primavera” da ABE pecha cun balance positivo e máis de 2.000 tíckets rexistrados

07 Abril 2025

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) puxo fin á súa campaña Ola Primavera cun balance “moi positivo” tanto en participación como en dinamización do comercio local, segundo fixo constar a patronal boirense no seu balance, engadindo que a gañadora do gran premio foi Ana Romero Toucedo, que rexistrou un tícket de compra do establecemento Librería Nobel A de Rosa, e resultou premiada coa paga mensual de 100€ en vales ABE ata decembro, o que supón un total de 900€.

Durante o período da campaña, que se desenvolveu do 24 de marzo ao 6 de abril, rexistráronse 2.098 tíckets de compra, fronte aos 1.285 rexistrados nas dúas semanas previas, “o que representa un importante incremento da actividade comercial en Boiro”, salientou a ABE.

Como colofón, o sábado 5 de abril celebrouse unha gran festa de compras, con actividades lúdicas. Na ruleta da sorte, colocada nunha carpa no centro da vila, realizáronse 155 tiradas, que se traduciron en outros tantos premios directos para a clientela e repartíronse de balde case 300 bolsas de flocos de millo, contribuíndo a crear un ambiente festivo e participativo.

Ademais, con motivo da presentación do novo catálogo de premios ABE, os rexistros realizados na web os días 4 e 5 de abril acumularon o dobre de puntos, o que permitiu sumar un total de 5.774 puntos, dos cales a metade foron agasallo desta promoción. “Esta acción reforza a fidelización da clientela e impulsa o uso do sistema de recompensas da ABE”, sinalou a patronal.

O presidente da ABE, Daniel García, valorou de forma moi positiva os resultados da campaña, destacando “a gran implicación dos comercios, o entusiasmo da veciñanza e a consolidación destas iniciativas como ferramenta para reforzar o consumo local”. A campaña tamén serviu para presentar o novo catálogo de premios ABE, con nova imaxe e máis variedade.

Desde a ABE agradecen “a confianza depositada tanto polos comercios participantes como pola cidadanía”, e comprométense a “seguir traballando en accións que impulsen a economía local de forma creativa, atractiva e participativa”.


Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.