O Museo do Gravado de Artes inaugura o 11 de abril “Mirar pro fondo” de Leonardo Rial

06 Abril 2025

O Museo do Gravado de Artes vai inaugurar o vindeiro 11 de abril, na sala 0 e ás 20.30 horas, unha mostra de Leonardo Rial: Mirar pro fondo.

A exposición, organizada polo Museo do Gravado de Artes (Concello de Ribeira) en colaboración co Taller Experimental de Obra Múltiple Contemporánea de Vilariño (Concello de Cangas) é unha exhibición construída por 11 gravados de grande formato e dúas pezas escultóricas que fundamentan a polisemia do título e a fondura discursiva de Leonardo Rial como artista.

Segundo adianta o Museo do Gravado que dirixe Pastor Rodríguez na parroquia de Artes, o conxunto de obras da colección Mirar pro fondo é unha viaxe a través da memoria, a tradición e a alma mariñeira da ría de Aldán. Cunha mestría singular, traballada ao longo de tres décadas de intensa creación e recoñecementos internacionais, Rial captura nos seus gravados e instalacións a esencia dos recordos dos seus maiores, especialmente os do seu pai. Cada trazo e cada detalle manifestado nas súas obras convídanos a reflexionar sobre a conexión profunda entre o ser humano e o mar que moldea a nosa cultura e os nosos valores.

Asistirán á inauguración o artista gráfico e director do Taller Experimental de Obra Múltiple, Leonardo Rial, a alcaldesa do Concello de Cangas, Araceli Gestido, o presidente da FMAG e alcalde de Ribeira, Luís Antonio Pérez Barral e o vicepresidente da FMAG, Javier Expósito Paradela.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...