Rianxo honra ás “madriñas de guerra” cunha emotiva homenaxe

05 Abril 2025

A deputada de dereitos civís, Soledad Agra; o alcalde de Rianxo, Julián Bustelo; o presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza, Carlos Cimadevila e a madriña, Dolores Rodríguez Sende, participaron esta mañá no acto onde se inaugurou a escultura no antigo campo de concentración Esta xornada está organizada pola Deputación e a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza, coa colaboración do Concello de Rianxo, Nova Escola Galega, O Faiado da Memoria e a Asociación Cultural Barbantia.

As Madriñas Republicanas, “esas mulleres que puxeron humanidade no horror” reciben en Rianxo unha homenaxe da man da Deputación

Rianxo acolleu este sábado un acto de homenaxe ás “madriñas de guerra”, esas mulleres que, en tempos de horror e deshumanización, deron consolo e esperanza a homes privados de liberdade e moitas veces da vida en campos de concentración. O acto foi presidido pola deputada de dereitos civís, Soledad Agra, quen destacou o compromiso e a dignidade de figuras como Dona Dolores Rodríguez Sende, cuxa escultura, obra de Ricardo Dávila, foi inaugurada no antigo campo de concentración da vila.

Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza

No evento tamén participaron o alcalde de Rianxo, Julián Bustelo; o presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza, Carlos Cimadevila; e a propia madriña homenaxeada, Dolores Rodríguez Sende. Case un século despois, o lugar que unha vez foi sinónimo de opresión convértese nun espazo de memoria e recoñecemento.

Tras a inauguración, a xornada trasladouse ao auditorio municipal, onde as investigadoras Aurora Marco, Montse Fajardo e María Fernández participaron nun relatorio sobre o papel das mulleres durante a Guerra Civil, o franquismo e a transición. O evento concluíu cun concerto a cargo de Bernal Muíños e o grupo Barahúnda, poñendo música á memoria e á resistencia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.