O Concello da Pobra achega esta Semana Santa novas actividades de turismo (mariñeiro, patrimonial e natural) e xogos para a rapazada

03 Abril 2025

Numerosos actos litúrxicos sucederanse na Pobra do Caramiñal durante a Semana Santa, unha época de afluencia turística significativa. Por iso, a Concellaría do Turismo bota a andar un programa de actividades coas cales complementar as ditas actividades relixiosas ao tempo que se potencian os recursos naturais e patrimoniais da localidade, segundo desvelou a concelleira do Turismo, Estefanía Ramos, na compaña das técnicas municipais desta área, Sara Sánchez e Ángeles Tubío.

A edil incidiu que a pretensión con estas actividades é “que as persoas que nos visitan teñan a oportunidade de vivir en primeira persoa a identidade do noso concello”.

O proceso extractivo dos bivalvos poderase experimentar na propia praia no 16 de abril cun obradoiro de marisqueo a pé. Sairase das inmediacións da Casa Mariñeira, ás 11:00 horas, en dirección aos Areos. Requírese a inscrición previa. O importe por aboar sitúase nos 12 euros e para menores de 10 anos, 6 euros. Inclúe a entrega do receitario elaborado pola hostalaría local.

Tamén o mesmo mércores pola tarde a partir das 17:30 h na praza do Cantón da Leña haberá, para a delicia da rapazada, xogos tradicionais de balde.

No Xoves Santo, 17 de abril, ás 11:00 h partirase da Casa Mariñeira para realizar unha ruta guiada polo centro da vila e coñecer a importancia das edificacións históricas: entre elas, a Torre de Bermúdez, declarada Monumento Histórico-Artístico de carácter nacional e as dúas igrexas. A guía Ángeles Tubío dará a coñecer a historia e o porqué das tradicións arraigadas na vila. O percorrido é de dificultade baixa e terá unha duración de 1 h e media. Recoméndase que asistan persoas maiores de 12 anos.

No Sábado de Pascua, 19 de abril, emprenderase unha ruta guiada de 3 quilómetros polo río das Pedras. O guía Joaquín Rubal ensinará aspectos relacionados coa tradición oral e a xeoloxía do lugar. A dificultade do itinerario é media-alta, polo cal recoméndase para maiores de 10 anos. O punto de encontro establécese fronte a Casa Mariñeira ás 10:00 horas. Tamén é preciso inscribirse por un importe de 15.00 euros, que inclúe o traslado nun microbús ata a parte baixa da dita paraxe natural, Aldea Vella, e o miradoiro de Valle-Inclán na montaña da Curota. Máis información e inscricións na oficina do turismo da Pobra do Caramiñal, situada na contorna do parque do Castelo, mediante o enderezoelectrónico turismo@apobra.gal ou nos teléfonos de contacto 671 090 262, 687 482 835 e 981 843 280, marcando a extensión 2035.

Durante a Semana Santa amplíase o horario de atención da Oficina do Turismo, de luns a sábado, en quendas de mañá e de tarde.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.