Comezan as obras do centro de saúde de Vilagarcía de Arousa

02 Abril 2025

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, acompañado pola conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, e polo conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, participou hoxe no acto de inicio das obras do novo centro de saúde de Vilagarcía de Arousa. Durante o evento, destacou o compromiso do Goberno galego co reforzo da atención primaria en toda a comunidade.

Rueda subliñou que a sanidade é “o servizo público máis importante” e asegurou que a Xunta está a dedicar todos os seus esforzos para garantir unha atención de calidade. O novo centro, cun investimento de 19 millóns de euros, contará cos últimos avances tecnolóxicos e ofrecerá mellores condicións tanto para os pacientes como para os profesionais sanitarios.

As instalacións, que se prevé que estean rematadas en 2027, terán unha superficie de máis de 8.000 m². Incluirán unha área de adultos con 17 consultas de medicina de familia e 17 de enfermería, ademais de espazos para pediatría, atención á muller e un novo PAC con 9 espazos asistenciais.

Desde 2009, a Xunta de Galicia construíu ou reformou 136 centros de saúde, cun investimento total superior aos 170 millóns de euros, reafirmando o seu compromiso coa mellora das infraestruturas de atención primaria.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.