O teléfono gratuíto de información sobre o coronavirus amplía o seu horario de atención

23 Marzo 2020

A Consellería de Sanidade vén de ampliar o horario do reforzo, de ata 100 teleoperadores, para a atención exclusiva do teléfono gratuíto 900400116 de información e consulta sobre o coronavirus, manténdose así desde as 08.00 ata as 00.00 horas durante tódolos días da semana. Deste xeito, increméntanse as franxas horarias para unha liña telefónica que recibe unha media diaria de 6.165 chamadas.

Ás consultas atendidas no 900400116 engádense as do 061 en relación co COVID-19 que, desde a implantación deste reforzo, supoñen unha media diaria de 819 chamadas. Todo o anterior fai que na Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que xestiona ambos números de teléfono, a media diaria de chamadas atendidas en relación co coronavirus sexa de 6.984.

Ademais do número 900400116 de información gratuíta sobre o coronavirus, a Consellería de Sanidade puxo a disposición da cidadanía outras ferramentas de atención e consulta acerca desta enfermidade coma o formulario de autotest dispoñible nas páxinas web https://coronavirus.sergas.es e 061.sergas.gal.

O teléfono 900400116 habilitouse para aquelas persoas que teñan síntomas leves de coronavirus e estiveran nunha zona de risco ou tiveran contacto estreito cunha persoa que dera positivo, así coma para aqueles que queiran solicitar información relacionada con esta enfermidade. Desta maneira, o 061 mantense como o teléfono exclusivo para a atención ás urxencias e ás emerxencias sanitarias en Galicia ou a consulta exclusiva de casos graves.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.